Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Duás vikingas inglesas visitan Catoira

Estes días estiveron con nós Zoe e Sara, dúas educadoras do Museo Vikingo de Jorvik en Oxford, que nos mostraron moi polo miúdo cómo era iso de vivir na Idade Media. Houbo explicacións sobre as crenzas, os costumes, as roupas, o sistema de loita, os remedios para as enfermidades, os xogos para o lecer,... en fin, despois de todo xa coñecemos mellor aos nosos antepasados vikingos. As educadoras, vestidas como auténticas vikingas,  non só nos deron explicacións en inglés, senón que os alumnos de 3º de ESO, que están a participar nun proxecto Erasmus +,  tiveron tamén que finxir un ataque contra os inimigos, probar cos xogos de mesa dos vikingos e mesmo facer algún adorno a man. Dúas xornadas moi interesantes que nos proporcionou o Concello de Catoira que nos aproximaron un pouco máis ao universo dos nosos antergos. Velaquí algunhas imaxes do evento: e enlaces aos medios que difundiron a nova: La Voz de Galicia, Diario de Arousa e Faro de Vigo .