Ir al contenido principal

El proyecto

O Colexio Progreso de Catoira logra unha subvención Erasmus+ para un intercambio con estudantes irlandeses
Trátase dun proxecto financiado a través no programa Erasmus+ da Unión Europea, que se pon en marcha este curso e que ten unha duración de tres anos. Cada curso realizarase un intercambio de quince estudantes de Dundalk e Catoira, co fin de afondar no estudo da cultura local e as linguas propias, así como no intercambio de prácticas de aprendizaxe e ensino. O obxectivo último do programa é abrir a mente dos estudantes a novas culturas e construír unha actitude europea de solidariedade con todos os membros da UE.
O proxecto combina o estudo e investigación dos costumes locais, o patrimonio, a historia e as linguas minoritarias de Catoira e Dundalk, coas novas tecnoloxías (correo electrónico, Skype, viaxes para actividades de inmersión lingüística e demostracións prácticas de estudios previos nas escolas). A principal actividade que se vai a desenvolver é a introdución de novos contidos no currículo sobre Ensino, Capacitación e Aprendizaxe Transnacional, , que logo realizarán un intercambio con outros tantos alumnos irlandeses. Unha vez ó mes establecerán unha conexión de Skype para coordinación e seguimento entre cada estudante e o seu “xemelgo”( haberá 27 xemelgos) A información sobre todas as actividades do programa será publicada nunha web do CPI Progreso en galego/español e en gaélico/inglés nun portal de De La Salle. Algunhas das accións serán difundidas a través da Televisión de Galicia e da TG4 de Irlanda.

Comentarios