Este primeiro día os alumnos irlandeses e galegos que están a participar no Erasmus + Galicia-Dundalk tiveron a ocasión de escoitar unha conferencia sobre a Integración da Unión Europea. Isto a primeira hora da mañá, pero o día era longo e moitas sorpresas estaban a agardar. Primeiro prepararon polvo con cachelos, toda unha rareza por terras irlandesas, e despois unha tortilla española. A actividade culinaria estivo acompañada das nosas cociñeiras que demostraron o moito que saben, pero tamén dalgúns profes que axudaron a pelar patacas, comentar o sabor dos pratos ou mesmo a dar a volta a tortilla como un acróbata. Os alumnos de Irlanda hai que dicir que colaboraron moito e mostráronse moi interesados pola actividade. Tamén as súas profesoras acompañantes, Aine e Nicola . Isto foi ademáis retratado pola Televisión de Galicia que nos fixo unha reportaxe. Pero o día non remataba, e antes de ir a comer, os alumnos esti...