En Catoira tamén celebramos o Samaín, unha festa que ten unha orixe celta e é común a Galicia e Irlanda. No centro houbo exposición de cabazas, visionado de pelis de medo, lecturas,.. pero o especial este ano foi unha actividade de repostería. Buscando conexións cos nosos compañeiros do Erasmus + de Dundalk, os alumnos de 3º de ESO elaboraron, coa axuda dos profes (sobre todo Lorenzo que nos trouxo a receita) e as cociñeiras do centro, unhas tortas de cabaza.
Aquí vemos o traballo a medio facer nas cociñas do CPI.
Despois de varias horas de cocción os alumnos puideron degustala na aula e por suposto no comedor do centro. Houbo para todos!
Pincha na imaxe para ver todas as fotos.

Comentarios
Publicar un comentario