Ir al contenido principal

Arte para todos


Este mes traballamos sobre a nosa Historia da Arte. Será posible condensar toda a nosa Historia nunhas poucas obras de arte? Xa partimos de que é imposible, pero imos tentar seleccionar algunhas manifestacións artísticas interesantes para dar a coñecer a os nosos colegas de Irlanda o noso partimonio. porque o Erasmus+ tamén vai diso,  de saber doutros e dar a coñecer os nosos pequenos tesouros.
Aquí temos algúns exemplos escollidos polo profe de Plástica Jose Antonio. Xa sabemos que hai moitos monumentos fabulosos pero xa os iremos traballando sobre eles. Agora comenzamos...
As torres do Oeste. O símbolo do noso concello e restos que recordan o paso dos Vikingos por Galicia.

A muralla de Lugo. Unha cidade chea de Historia romana.

A Catedral de Santiago, lugar misterioso, de peregrinación, e cheo de arte pregótico, un dos grandes estilos Internacionais que compartiron tódolos recunchos de Europa na Idade Media.


Comentarios