Ir al contenido principal

A innovación para solucionar problemas técnicos

Decembro despediu o ano cun sabor agridoce. Levabamos xa varios Skype e todo facía pensar que o terceiro iría xa rodado con alumnos coñecidos, profesores acompasados e as liñas de internet co camiño xa feito. Pero non puido ser. Unha caída da nosa rede Wifi e coa conexión de Internet fluctuante non puidemos establecer conexión cos nosos colegas de Irlanda. Fixemos todolos intentos que puidemos: tablets, conexións con móviles, aula de informática,... pero nada. O tema da Historia da Arte quedou á espera.
Nesta volta, xa de regreso estamos a ser creativos. Se non hai liña simultánea pode que haia outras opcións.

E así puxémonos a facer uns vídeos explicativos dos monumentos galegos.





E unha vez conseguido arranxar os problemas técnicos, voltamos a conectar por Skype. Que non nos pare ninguén......





Comentarios