Ir al contenido principal

Dia duit: A traballar coas linguas

Xa nos imos coñecendo un pouco máis. Os alumnos de Catoira e os de Dundalk xa levamos catro Skype e imos solucionando problemas técnicos, idiomáticos e de comunicacións. Nesta volta tratamos as linguas propias: o Gaélico e  o Galego. Ainda que se parecen polo nome, a súa orixe din que é distinta. O galego, como todos sabemos, deriva do latín; pero o gaélico é unha lingua un pouco máis antiga procedendo directamente das linguas celtas indoeuropeas. Do mesmo xeito que en Galicia temos dúas linguas oficiais, o Castelán e o Galego; en Irlanda tamén teñen o Inglés e o Gaélico. Así que tamén nos idiomas temos cousas en común cos nosos colegas irlandeses. E así neste Skype fixemos unha especie de enquisa para coñecer un pouco máis do seu idioma do seu uso e curiosidades varias axudados co seu profesor de gaélico. Nós tamén contamos cousas do galego.

go dtí an chéad cheann eile




Comentarios